Xa está na rúa o número 137 do Barrios Deportivo

Barrios Deportivo 137

A portada do número 137 do Barrios Deportivo saca o Campionato Galego de 10.000 metros en pista, na que os ourensáns Iria Fernández e Rubén Diz fixéronse co título; a un COB que está disposto a loitar por entrar en playoff de ascenso e a final da Copa Xunta que a disputan o Ourense Envialia e o Cidade As Burgas.

Ademais falamos da marcha triunfal da UDO que leva unha volta enteira gañando. O Seixalbo homenaxeou a Pepe «Pego» pola súa traxectoria no mundo do fútbol.

500 participaron na segunda edición do Miño Radikal, mentres que A Veiga e Xinzo de Limia preparan o seu trail e carreira popular, respectivamente.

En rugby o Keltia Ourense ascendeu á Primeira Territorial e o Campus Universitario Ourense Coosur loitará polo título en Primeira e polo ascenso a División de Honra B.

Natación, Turf, esquí, BTT e moito máis no número 137 do Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o  periódico pincha neste enlace. Pincha