A comisión organizadora de Novas Xeracións tamén proclamou a José Antonio Parente como único candidato á presidencia.

Jesús Vázquez foi proclamado oficialmente esta mañá como único candidato á presidencia do PP local de Ourense, logo da reunión mantida pola comisión organizadora do congreso que se celebrará o próximo 16 de abril. Os membros da comisión revisaron todos os avais recibidos á candidatura de Vázquez ata o pasado martes, sendo finalmente 340 os apoios válidos.

A sede dos populares ourensáns acolleu tamén a reunión das outras sete comisións organizadoras correspondentes a outros tantos congresos que se celebrarán durante o mes de abril e principios de maio. Unhas destas comisións foi a do oitavo congreso de Novas Xeracións, proclamando oficialmente a candidatura de José Antonio Perente Camino con 67 avais válidos.

O resto dos candidatos proclamados á presidencia do PP local en distintos puntos da provincia foron José Manuel Castro Blanco por Os Blancos; Marcos Ríos Alén, en Carballeda de Avia; José María Lago Cabo por A Gudiña; Jesús Prieto Pérez en Pobra de Trives; Antonio Iglesias Álvarez en Lobeira; Jesús Prieto Pérez en Pobra de Trives; e Juan Carlos González Carbajales en Pontedeva.

A partir deste momento e segundo os prazos determinados polo regulamento dos distintos congresos permanecerá aberto o prazo de inscrición para os afiliados que desexen participar nas distintas convocatorias. No caso de Ourense, o catro de abril finalizará o prazo para que os afiliados podan presentar a súa candidatura como compromisario. No resto dos congresos abondará coa inscrición para asistir á asemblea.