O colectivo Amigos da República Ourense organiza os próximos días 15 e 17 de abril a Festa da República 2016.

Ourense acolle unha nova Festa da República

O venres 15, ás 20 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel, tera lugar a conferencia “Da Praza Maior de Ourense ao campo de concentración nazi de Drancy (París) e ao exilio: Os dentistas Dainow Dicker e familia”, impartida porDavid Simón Lorda, médico e investigador e membro de Amigos da República Ourense. De seguido, ás 22:15 horas no Liceo, terá lugar a cea da República. Os interesados en acudir poden recoller o seu convite no bar do Liceo.

E xa o domingo 17 realizarase un acto e ofrenda floral no cemiterio de San Francisco.