O músico ourensán tocará algunhas das súas pezas e dará nocións sobre composición e guitarra, eido no que vén de conseguir importantes logros no último ano.

Masterclass de Daniel Minimalia no Espazo Lusquiños: ‘como ser músico profesional e non desistir no intento’

A Sala Benito Losada do Espazo Lusquiños da Mocidade acollerá este venres 15 de abril ás 20:00 horas a masterclass “Emprendemento musical: como desenvolver unha carreira profesional e non desistir no intento”, impartida polo guitarrista ourensán Daniel Minimalia. A actividade é gratuíta e non é preciso inscrición previa. Ademais de contar a súa aposta polo emprendemento, Minimalia tocará algunhas das súas pezas e dará nocións sobre composición e guitarra, eido no que vén de conseguir importantes logros no último ano.

Daniel Minimalia conseguiu con «Olas del sur» o premio á mellor canción na categoría World Music nos Hollywood Music in Media Awards 2015, uns dos premios independentes con maior prestixio do mundo. Malia o éxito acadado lonxe da súa cidade, o músico sempre loceu con fachenda a súa procedencia. Este venres converterase en profeta na súa terra no Espazo Lusquiños, e de balde.