Considérano “desproporcionado”.

Limiar vén de trasladar o malestar que está xerando o novo imposto que se está a aplicar a galpóns, naves, fincas e galiñeiros do medio rural. “Consideramos desproporcionado este novo imposto, e máis cando o rural está a desaparecer, con cantidade de pobos abandonados e outros case sen habitantes”, denuncian.

Segundo explican dende a Federación, a maioría das construcións ás que se lles quere aplicar este novo imposto non reúnen as condicións como para catalogalas de utilidade, “no seu día eran anexos para gardar aparellos de labranza e nada máis”, aclaran. “Esta non é a forma de potenciar o rural, senón todo o contrario”, conclúen.

Polo que ante as numerosas queixas recibidas solicitan que se suprima este imposto “por consideralo abusivo”.