O ourensán Felipe iglesias foi prata no Torneo de París de jiu jitsu.

Iglesias, subcampión en París

O pasado 30 de abril disputouse o Torneo Internacional de Jiu Jitsu Villa de París. Tres ourensáns do club Marbel acudiron ao evento realizando un gran torneo.

Felipe Iglesias, actual subcampión de Europa e do Mundo repetiu posición e proclamouse subcampión no Villa de París; Iglesias participaba na categoría de menos de 56 quilos. Ana Fernández rematou na sétima posición en -62 quilos no que foi o seu debut nunha cita internacional. O outro ourensán, Christian Álvarez, fixo quinto en máis de 94 quilos.

O Villa de París é un dos torneo con máis solera no panorama internacional, ademais de ser puntuable para a Copa de Europa. Outro dos puntos importantes deste evento é que serve de preparación para o próximo Europeo de la especialidad, que se disputará en Bélxica durante o mes de xuño.