A Asociación Amigos de Simón González organiza en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense a Gala Solidaria Simón González, programada para o sábado 7 de maio no Pazo Paco Paz ás 20.00 horas.

A Gala Solidaria Simón González, o día 7 no Pazo

Simón González foi 13 veces campión do Mundo de full contact e desde fai case dous anos está nunha cadeira de rodas por culpa dun accidente doméstico.

Combates de boxeo, full contact e kick boxing ademais de exhibicións de ximnasia e dobre minitramp e actuacións musicais é o que se poderá ver nesta gala que ten unha duración estimada de dúas horas e 30 minutos.

Prezo
O prezo será de 10 euros para a bancada e de 15 para asentos a pé de ring.

A velada comezará cun combate de boxeo (69 kg) entre José Luis Silva e Abel Ferreira -3 asaltos de tres minutos cada un-; o segundo combate, tamén de boxeo (90 kg) será entre Iago Mondelo e José Carlos Padín -3 asaltos de tres minutos cada un-. Acto seguifo acutará o equipo de ximnasia acrobática do Escola Burgas Ourense – Pontevedra para dar paso á homenaxe a Simón González.

Depois será a actuación de dobre minitramp a cargo de Daniel Fernández (4º clasificado no pasado Mundial de Dinamarca).
E continuarán os combates cun de full contac (60 kg) a cargo de Manuel Míguez jr. e Álex Sequeiros -3 asaltos de dous minutos cada un-; Alberto Cid e Wilson Tavarés subirán ao ring para disputar un combate de boxeo (60 kg) de 3 asaltos de tres minutos. Os dous últimos combates no cuadrilátero serán de king boxing: un entre Alfonso Valcárcel e «Many» en máis de 91 kg -3 asaltos de dous minutos cada un- e na categoría de 85 kg entre Alberto Loureiro e Daniel Fernández -3 asaltos de dous minutos cada un-.
Rematará a gala coa actuación do grupo RDK & Cía e unha Kata musica tradicional de Tai shin do kenpo.