As obras precisaron un investimento de 20.000 euros.

O Concello de Allariz realiza melloras no saneamento en Frieira

O Concello de Allariz vén de realizar melloras no saneamento do núcleo municipal de Frieira substituíndo a fosa séptica pola instalación dun novo sistema na rede de saneamento xeral.

Debido ás limitacións da fosa séptica na depuración da auga, a brigada municipal procedeu a súa substitución pola conexión coa rede de saneamento xeral do Parque Empresarial de Chorente, aproveitando a súa proximidade.

As obras, que ascenderon a 20.000 euros, consistiron na instalación dun pozo de bombeo con dúas bombas e un cadro eléctrico e a colocación dun tubaxe de conexión coa rede xeral. Isto permite a mellora no tratamento das augas e a eliminación de posible contaminación.