Piden a peonalización de rúas como Concordia, Ramón Cabanillas ou Valle Inclán.

Dende fai tempo a Federación Provincial de AA.VV. de Ourense Limiar vén reclamando un proxecto de peonalización de varias rúas da cidade, así como a creación de aparcadoiros gratuítos, disuasorios nas diferentes entradas da cidade, con idea de desconxestionar a cidade de vehículos.

Na mesa de Mobilidade os diferentes colectivos que a ela acoden, aportaron propostas moi interesantes, e que na súa maioría coinciden nunha peonalización progresiva.

Nestes días, o Concello anunciou a peonalización de tres rúas da nosa cidade, Reza, Cardenal Quevedo e Xocas, “é un primeiro paso, ainda que con medo a tomar decisións noutras rúas, como por exemplo Concordia, Ramón Cabanillas ou Valle Inclán entre outras, que actualmente o único servizo que están a prestar e o paso de vehículos buscando o que non encontran, aparcar, xerando ruído e toda clases de molestias para o peóns, que son os que realmente teñen que gozar do espazo no que viven”, reclaman dende Limiar.

“Os pasos son escasos, pero confiamos que pouco a pouco camiñemos para facer unha cidade máis amable para o peón”, conclúen.