Será este sábado ás 16:30 no Fiadeiro.

Mesa rendonda sobre a situación de Benposta no Ouren Rock

A Plataforma Stop Desafiuzamentos de Ourense e a Asamblea Aberta de Benposta darán conxuntamente unha Mesa Redonda: Qué está a pasar en Benposta?, este sábado día 4 de xuño ás 16:30h no Fiadeiro dentro da programación de actividades do festival Ouren Rock Sound.

Dita mesa redonda terá cómo finalidade dár a coñecer a situación de Benposta para todas aquelas persoas que queiran asistir e participar na mesma, co obxectivo común de sumar forzas para salvagardar o espazo como patrimonio da cidade asi como protexer ás familias con nenas e nenos que viven nela.