La Molinera acolle un obradoiro para deseñar proxectos de innovación social

O Centro Municipal de Coñecemento la Molinera amplía a súa oferta de actividades formativas cun obradoiro práctico de aplicación do Modelo Canvas a proxectos de innovación social. O curso, organizado coa colaboración da Axencia de Modernización e Voluntariado de Galicia, pretende divulgar esta novedosa ferramenta “Modelo Canvas”, considerada idónea para deseñar e innovar en proxectos.

Será os días 6 e 7 de xullo e está dirixido especialmente a persoas que traballen en proxectos europeos, culturais e colaborativos en xeral. Permite dun xeito rápido e eficaz analizar as propostas de valor, o público ao que se dirixe, a xestión de ingresos e gastos, as canles de comunicación e que facilita enormemente o traballo en equipo.

O obradoiro axudará ás persoas participantes a abordar proxectos que impliquen diferenciarse permitindo definir unha realidade, atopar solucións de xeito colaborativo e cocreativo fronte aos retos e marcar pautas para traballar de xeito coparticipativo cos cos diferentes axentes da contorna para levalos a cabo.

Será os días 6 e 7 de xullo, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Hai 50 prazas e é preciso inscribirse antes do día 5 de xullo en http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=290&pag=0