O financiamento aportado polo concello supón un montante de 12.000 euros máis a aportación de man de obra procedente da brigada municipal.

Nova fase de escavacións no Castro de Armea

O Concello de Allariz e a Universidade de Vigo comezan, en xullo, unha nova fase de escavacións no Castro de Armea.

O Castro de Armea leva anos sendo estudado coa fin de poñer en valor o patrimonio cultural de Santa Mariña de Augas Santas así como do propio castro reforzando así a capacidade de atracción turística do municipio.

A través dun convenio de colaboración, os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo continuarán coas catas no Castro de Armea, no terreo anteriormente investigado por Conde Balvís. A intervención pasa pola realización de catas co obxectivo de establecer as prioridades para o futuro do castro.

O financiamento aportado polo concello supón un montante de 12.000 euros máis a aportación de man de obra procedente da brigada municipal.