As xogadoras foron presentadas no estadio do Couto.

«Ches», Dana e Laura reforzan á UD Ourense

Unha vez rematadas as incorporacións do equipo masculino da Unión Deportiva Ourense tócalle o turno ao equipo feminino.

As primeiras xogadoras en recalar no club foron Laura e Caeta e nesta ocasión tocoulle a tres novas deportistas.
Dana Campelo, María Saco «Ches» e Laura Lorenzo son os novos reforzos dunha UD Ourense que militará este ano na Primeira Autonómica.

Dana Campelo e Laura Lorenzo proveñen do Amoeiro Fútbol Sala. Lorenzo xa xogara en fútbol 11 en O Val do Ferrol polo que cre que se acoplará pronto ao novo deporte. Pola súa banda, Campelo que xogou fai moito en F11 está ilusionada con esta nova andadura.
Pola súa banda «Ches» será unha das porteiras do equipo. A xogadora chega desde o Monteforte (Monforte de Lemos) equipo co que xogou en Primeira. Experiencia na categoría é o que pretende aportar; ademais considera que coas xogadoras que continúan do ano pasado o as fichaxes o equipo «loitará polo ascenso ata o final». O ascenso so está reservado para un equipo.

Dúas máis
O equipo que dirixirá un ano máis Rubén García ten dúas fichaxes máis. Unha será presentada a semana que vén a outra non chegará ata setembro debido a que está en Italia actualmente.