A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde do concello, José Luis Ferro, asinaron este acordo.

Un convenio con Medio Ambiente mellorará o saneamento e o abastecemento en dous núcleos de Celanova

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou co alcalde de Celanova, José Luis Ferro, o convenio de colaboración que permitirá mellorar as redes de abastecemento en Feal e Casetas de Ansemil.

Os traballos contarán cun orzamento de 360.000 euros a distribuír entre este ano e o seguinte, e que estará cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Actualmente, os núcleos de Feal e Casetas de Ansemil non dispoñen de rede de saneamento e a rede de abastecemento non se atopa nun estado satisfactorio. Por este motivo, executaranse novas rede de saneamento e abastecemento, que se conectarán ás xa existentes, para dotar destes servizos ás vivendas emprazadas na zona.