Darwin Atapuma mantén o liderato na penúltima etapa por terras ourensás de La Vuelta.

Meta de La Vuelta en Luintra./R.T.

Simon Yates, vencedor en Luintra./R.T.

Omar Fraile, maillot da combatividade./R.T.

Gianni Meersman, maillot verde da regularidade./R.T.

Podio en Luintra./R.T.

Darwin Atapuma segue co maillot vemello da proba./R.T.

Simon Yates no podio de Luintra./R.T.

Simon Yates no podio de Luintra./R.T.

O belga Bart De Clercq sufriu unha caída na etapa./R.T.

Meta de La Vuelta en Luintra./R.T.

Meta de La Vuelta en Luintra./R.T.

Meta de La Vuelta en Luintra./R.T.

Simon Yates proclamouse vencedor na sexta etapa de La Vuelta a España, nunha meta en Luintra chea de afeccionados malia a calor reinante nestas terras da Ribeira Sacra na tarde deste xoves. O británico do Orica-BikeExchange entrou en solitario en meta, tras alcanzar e superar a tres quilómetros do remate de carreira a Mathias Frank (do IAM Cycling) que encabezara a etapa en solitario nos últimos 20 km. Xa no podio, Yates recibiu o seu maillot de vencedor da etapa de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O colombiano Darwin Atapuma (BMC) entrou co resto de favoritos a 22 segundos do vencedor, mantendo así o maillot vermello por terceiro día consecutivo.

Omar Fraile (Dimension Data) que participou na principal fuga da xornada e coronou en solitario o Alto Alenza, recibiu o maillot da combatividade.

A etapa de media montaña de Monforte de Lemos-Luintra, de 163,2 km, foi tamén a do abandono do líder do Astana, o colombiano Miguel Ángel López.

Este venres 26 de agosto La Vuelta despídese de terras ourensás, con saída de Maceda e meta en Puebla de Sanabria.