A Unión Deportiva Ourense irrompe na Primeira Rexional cunha goleada no campo do Maside (0-6).

Chegar e besar o santo. Isto é o que lle pasou á UD Ourense no seu debut na máxima categoría do fútbol provincial. Os de Antonio Dacosta golearon ao Maside por cero goles a seis.

O inicio do partido estivo marcado polas ocasións dos unionistas. Unai desaproveitou dúas claras que ben puideron subir ao marcador; unha que desbaratou o porteiro local e outra ao rematar fóra un saque de esquina.

O Maside tivo a máis clara cando o dianteiro centro plantouse diante de Lucas Sierra e este desviou o que parecía o 1-0.

Cando todo indicaba que ían a ir a vestiarios con táboas, Xaco nunha xogada moi protestada quedouse só diante do porteiro a quen batiu cunha vaselina. Os xogadores locais protestaron alegando que a xogada comezou cunha man dun xogador da Unión.

Despois de pasar por vestiarios os homes de Antonio Dacosta non tiveron compaixón e aproveitaron a baixada de brazos dos xogadores rivais. Un penalti sobre Unai cando corría o minuto 45 fixo que Cristian Dacosta se estrenara este ano na faceta goleadora. Un minuto despois, o propio Unai facía o 0-3.

Cos cambios os capitalinos lonxe de deixarse ir fixeron que o equipo seguira con fame goleadora. Así, Adrián que levaba pouco minutos no terreo de xogo de Outeiro Grande lograba o cuarto e quinto gol da tarde. Remataba a goleada Cristian tras unha internada pola banda.

Antonio Dacosta mostrabase contento tralo final de encontro e aseguraba que, sobre todo, no segundo tempo «fomos moi superiores». O adestrador afirmaba que «co pase na copa» e este partido o comezo de tempada é «inmellorable».

Sobre a grada seguía asombrado pola axuda dos afeccionados que «desde o inicio deste proxecto» non paran de acudir aos partidos tanto no Couto como cando xogan como visitantes. Nesta ocasión uns 500 espectadores acudiron a presenciar o partido.

Pola súa banda o técnico local, Mindo Surribas lamentaba que o primeiro gol «foi un pao» e denunciaba que viña precedido «dunha man». Unha vez que sairon de vestiario co gol encontra lamentou que os seus xogadores «non estaban centrados». Surribas, a pesar da derrota aseguraba que «na primeira metade estivemos ben» e «nos cinco primeiros minutos da segunda metade».

Outros resultado
O outro favorito ao ascenso xunto coa UD Ourense e o Bande; o equipo da baixa Limia venceu por 0-3 ao Viana. O Vilariño venceu ao Cortegada (2-0); o Celanova ao Manchica (4-2); o Xunqueira sorprendeu ao Ribeiro (2-1); o Allariz ao Taboadela ((3-0) e o Antela venceu a domicilio ao Monterrei (1-2).

Os empates desta xornada foron o Arnoia – Velle (2-2) e o Francelos – A Peroxa (1-1).