Publicado o número de setembro de Barrios

A manifestación contra os incendios en Verín, a volta ás aulas e os candidatos ás eleccións ao Parlamento de Galicia, imaxes de portada do número de setembro de Barrios.

Neste número entrevistamos aos candidatos dos principais partidos que se presentan na nosa provincia ás eleccións do 25 de setembro: Marisol Díaz, do PP, Noela Blanco, do PSdeG, Ánxeles Cuña, de En Marea, Noa Presas, do BNG, Miguel Caride, de Democracia Ourensana, Xosé Mosquera, de Compromiso por Galicia,  Carlos Vázquez, de Ciudadanos, e Eladio Fernández, de VíaNova Galicia.

Amáis, facemos balance dos lumes que afectaron este verán Ourense, con case 10.000 hectáreas queimadas, e neste inicio de curso escolar, constatamos a caída de alumnado en educación infantil.

Na publicación gratuíta tamén prestamos atención aos temas informativos máis destacados das nosas comarcas: en Monterrei, comeza a vendima, na Limia, iníciase o obradoiro de emprego Alta Limia, en Allariz, coñecemos os primeiros resultados do Servizo RE de redución de residuos, e en Celanova, acudimos á entrega do premio “Celanova, Casa dos Poetas” ao Padre Fontes.

E no que se refire á actualidade deportiva e cultural das nosas vilas, informamos sobre o recente trail de Celanova ou das próximas citas co cine e co teatro en Verín.

Todo isto e máis, podes lelo no seguinte enlace.