OUeC pide mellorar a accesibilidade nos servizos municipais, e o PSOE retomar os orzamentos participativos e o programa “Camiño Escolar”.

DO demandará en pleno suprimir de xeito inmediato os bolardos

Este venres 7 de outubro chega unha nova sesión plenaria ao Concello de Ourense, á que os partidos de oposicións van cargados de temas para debater.

Por unha banda, dende Democracia Orensana reclamarán que sexan suprimidos de xeito inmediato os bolardos “asesinos”. Trátase da terceira vez que o partido de Gonzalo Jácome presenta ante a corporación a problemática que xeran, destacando  un total de 1.200 accidentes de vehículos durante os 12 anos que levan en funcionamento. “No se puede tener un sistema, que la infracción tenga una pena de destrozar un coche de un ciudadano, cuya reparación media asciende a los 4.000 euros”, reclaman dende DO.

Por eso, nesta sesión pedirán a interrupción inmediata deste sistema e que se implante antes de que remate o ano un sistema de control de acceso que os sustitúa.

Ourense en Común, así mesmo, demandará no pleno a mellora da accesibilidade nos servizos municipais para persoas con diversidade funcional, denunciando a “desidia” do goberno municipal da normativa que obriga ás administración públicas a garantir o dereito de accesibilidade universal.

Pola súa banda, o PSOE reclamará a recuperación do programa educativo e de mobilidade “Camiño escolar”, que o PP suprimiu o pasado ano, polo que instan ao gobernó a poñelo de novo en marcha como “un proxecto pioneiro en Ourense”. E tamén propoñerán en pleno un sistema para a elaboración e posta en marcha dos Orzamentos Participativos para o vindeiro ano e a adhesión do Concello á Rede de Cidades Participativas, co fin de fomentar “a democracia participativa e a eficacia na xestión dos recursos do Concello a prol dos seus veciños”.