A Unión Deportiva Ourense vence ao Viana (4-1) no primeiro encontro dos tres que terá en oito días.

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

UDO - Viana no Couto. RAMSÉS

O Viana chegou ao Couto para buscar as súas opcións de levarse os tres puntos.

Replegouse e esperou á súa oportunidade; así, logrou o primeiro tanto da tarde cando Denis rematou na área e o seu disparo foi desviado pola defensa unionista despistando a Lucas Sierra e introducíndose no fondo da rede.

Antes do descanso apareceu Rubén Durán ao rescate. Un balón na frontal da área foi golpeado polo mediapunto que meteuse na portaría pegado ao pao, ante a ineficaz estirada do porteiro visitante. 1 a 1 e camiño de vestiarios.

Na reanudación, Antonio Dacosta moveu ficha. Adrián e Fran Martínez pisaron o terreo de xogo e acrecentáronse os problemas para o Viana.

O terceiro de igual factura pero distinto protagonista; Adrián foi o que se elevou máis cos demais para poñer terra de por medio no electrónico. O segundo de Adrián certificada o 4 a 1 final, e tres puntos máis para a UD Ourense.

Xornada
O máis destacado desta xornada foi unha nova vitoria do Bande. Nesta ocasión venceu ao Velle por un gol a cero, o que fai que siga ao fronte da clasificación contando todos os encontros por triunfos (6 de 6). O Velle baixa ata a sexta praza, con 11 puntos.

O Allariz venceu ao Celanova (2-1) e colócase terceiro; o Maside goelou ao Peroxa (2-7) e marcha cuarto; e o Ribeiro venceu ao Monterrei (2-0) e é quinto.

A Manchica caeu na casa ante o Antela (1-2); o Cortegada gañou 3 a 0 ao Arnoia; o Taboadela 2 a 0 ao Francelos e o Vilariño (4-1) ao Xunqueira.