A instalación acollerá esta iniciativa todos os sábados ata o 17 de decembro.

Curso de fotografía e Stopmotion na aula ceMIT de Verín

A aula ceMIT de Verín acollerá todos os sábados, dende o 15 de outubro ao 17 de decembro, o Obradoiro de Fotografía e Stopmotion, organizado pola Deputación de Ourense coa colaboración do Concello de Verín.

Con este obradoiro, que terá lugar de 16:00 a 19:00 horas, pretendese que os nenos e nenas aprendan a falar con imaxes, e a lelas, descubríndolles diversos xeitos de comprender mellor o mundo que nos rodea a través do visor. O obxectivo do obradoiro é que os nenos aprendan a utilizar a cámara de forma máis creativa, buscando enfoques e puntos de vista alternativos ao simple disparo aleatorio. A través de xogos e propostas fotográficas, os nenos terán a oportunidade de realizar fotos de estudo, pero tamén ao aire libre, nun paseo cultural relacionado na zoa onde se realiza o obradoiro.O obradoiro derivará logo nas posibilidades de animar fotografías a través do stop-motion para a creación de curtos de animación.

Para formalizar a inscrición só tes que cubrir o formulario que se encontra na web www.verin.es e entrégalo no propio Concello de Verín ou envíalo directamente por correo electrónico  a 123artesdigitales@gmail.com. Teléfono de contacto: 609166550

Proxecto ICCKIDS

É un proxecto cultural de vangarda na provincia de Ourense, que se interesa polo sector da sociedade infantil. O talento dos novos artistas é a razón de ser das industrias culturais e creativas, e este merece ser protexido e promovido.

IccKids é un novo proxecto realizado por 123 Artes Digitales que se engloban dentro de Ourense ICC Week, propoñendo unha nova perspectiva sobre a relación entre as artes e novas tecnoloxías coa infancia contemporánea. Mediante un conxunto de obradoiros que  fomentan,  a  través da creación dixital, a capacidade de crear “pezas artísticas” co fin de converter aos nenos  en creadores en lugar de limitarse a ser meros consumidores de internet. Para iso organizáronse 5 talleres en diversas disciplinas artísticas que se desenvolverán   no    transcurso    do 2016, en diferentes concellos da provincia.