Caeu por 23 a 26 ante o Moaña.

O Nova Xestión pon contra as cordas ao líder

Unha vez mais, as pabellonistas volveron mostrar a boa cara, despois da sorprendente derrota en Lugo a semana pasada.

O sábado chegaba aos Remedios o líder invicto da categoría, o Bm. Moaña, rival pouco propicio para recuperar sensacions, pero que o bloque pavillonista puxo en jaque dende o minuto un ata o sesenta.

Cunha magnifica primeira parte de María Puga no lateral esquerdo, creando moitísimas situacións de lanzameno para o extremo, a pesar de que non foi a mellor solución esta vez

Boa conexión nos seis metros que una semana mais, permitían sumar ás ourensas. Ao descanso chegouse cun igualado 12-13.

Na reanudación, as locais cargáronse de exclusións, e Zarra viuse na obriga de modificar as posicións das xogadoras para protexelas dunha terceira e definitiva exclusión.

Aínda así, o Nova Xestion mantívose no partido ata o minuto 56, donde o marcador rexistraba un so tanto de ventaxe para o líder (22-23). Dous erros en pases sencillos provocaron dúas pérdidas que costaron os puntos finalmente.

A pesar da derrota as ourensás saíron satisfeitas co resultado 23-26 ante o Moaña. Unha vez máis, Ana Perez foi a máxima anotadora con 13 goles.