A Biblioteca do Concello de Verín xa está a traballar no rexistro, clasificación e catalogación dos antigos xornais de Verín.

Recopilación dos antigos xornais de Verín

Este traballo é posible pola doazón das reproduccións de D. Santiago Cid Harguindey.

A Biblioteca do Concello de Verín acaba de recibir, grazas a doazón de D. Santiago Cid Harguindey, a reproducción dos antigos xornais que tiña Verín, coma eran Támega, Heraldo de Verín, Eco de Monterrey, La Opinión, El Cencerro, etc…, que recollen a vida no Val do Támega, nos comezos do século XX, e aportan unha gran información sobre a época en artigos e anuncios.

Estase nun proceso de traballo temprano, onde se está a rexistrar e clasificar cada exemplar, pero o obxectivo e lograr ter todos e cada un dos exemplares dixitalizados ao acceso público, aínda que polo momento non será posible.

A importancia desta doazón é moi grande, dado que moitos son os investigadores que buscan nas hemerotecas antigas de Verín datos que corroboren ou referencias as súas líneas de traballo.