A Concellería de Sanidade anima a mocidade a reflexionar sobre o consumo de alcohol a través dun concurso de ideas.

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense convida a mocidade ourensá a reflexionar sobre a problemática do abuso do consumo de alcol a través dun concurso de ideas: “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea. Con liberdade para pensar 2017”.

Esta é a cuarta edición do certame, que está dirixido a estudantes da ESO do Concello de Ourense. Poderán concursar individualmente ou en parellas, coa posibilidade de participar nunha ou en varias categorías, cun único desenvolvemento creativo. O tema das propostas deberá estar relacionado con: “O poder de ser ti mesmo (sen alcohol)”.

Catro son as categorías: Un lema en galego ou castelán con cinco palabras como máximo para resumir a idea; unha acción en galego ou castelán para difundir a idea; un microrrelato en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras ou unha curtametraxe de non máis de 1 minuto para gravar a idea.

As ideas entregaránselles antes do 31 de marzo aos titores dos centros educativos ou nas oficinas da Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, número 1. O xurado será nomeado pola Concellería de Sanidade e a súa decisión será inapelable.