O mural poderase contemplar na sala Valente até o 26 de febreiro, xunto a outras 111 lenzos e debuxos do autor.

Recuperado o ‘Cacería’, de Prego de Oliver

Cacería, o mural que Manuel prego de Oliver pintou en 1946 para o cine Mary, poderase contemplar na sala Valente logo dun minucioso proceso de recuperación.

Da primeira época do artista, trátase dunha obra complexa de conxunto, narrativa e dirixida a un espazo público (tardaría oito anos máis en volver facer un mural, para a estación de tren do Carballiño). Ten unhas dimensións de catro metros de ancho e dous de alto, e poderá ser contemplada até o 26 de febreiro xunto aos outros 111 lenzos, bocetos e debuxos do artista que se mostran na Sala Valente.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tivo palabras cariñosas para Manuel Prego, fillo do artista, e para Tere Amor, en representación da familia propietaria do Cine Mary -que ten máis obras de Prego na sala-. “Temos dobre motivo de alegría: por un lado, a de recuperar o esplendor de Prego de Oliver e, pola outra, a de recuperar un dos espazos afectivos da cidade, como é o cine Mary, patrimonio sentimental desta cidade”, dixo o rexedor. “Pechada como cine hai máis de 25 anos, rememoramos hoxe o seu vestíbulo contemplando esta obra, Cacería”.