O Cidades estivo a piques de dar a sorpresa.

Ourense Envialia - Txantrea. /RAMSÉS.

Ourense Envialia - Txantrea. /RAMSÉS.

Ourense Envialia - Txantrea. /RAMSÉS.

Ourense Envialia - Txantrea. /RAMSÉS.

Ourense Envialia - Txantrea. /RAMSÉS.

Esta xornada, a número 18 de Primeira división, deixou a goleada do Ourense Envialia diante do Txantrea e a un Cidade das Burgas ás portas de dar sorpresa diante do lìder.

O Envialia gañou por 6 a 1 a un Txantrea que apenas inquedou ás pupilas de Chipi. Tardou en chegar o primeiro, pero unha vez que subiu ao marcador os demais goles foron caendo.

Aos 10 minutos, Luci inaguraba o electrónico de tiro raso. Os dous seguintres nun minuto de tempo e de estratexia. Rosángela á saída dun saque de banda e o Antía tras rematar un córner facía o tres a cero.

Mai Garde recurtaba distancia, pero as locais deseguido responderon co gol de Bea Seijas. 4-1 e para vestiarios-

Bea Seijas novamente facía o quinto na reanudación e Sara Moreno, de penalti, poñía o definitivo 6-1. Tres puntos que deixar ao Envialia na quinta posición pero a dous puntos da cuarta, Burela que empatou a dous co Alcorcón. A vindeira semana as ourensás visitan ao Leganés.

Cidade As Burgas
Un mal inicio das de Codeso privoulles de dar a sorpresa en La Estación diante do Futsi. Marta Pelegrín adiantaba ás locais no primeiro minuto despois de que Ana Lastra parara dous balón (co terceiro xa non puido). Para colmo de males, dous minutos máis tarde, Ju Delgado se aproveitaba dun lanzamento de Ari para colocar o 2-0 no marcador. No resto da primeira metade viuse a un Cidade das Burgas con sensación de que, pouco a pouco, collíalle o pulo ao partido. Porén, antes do descanso, Amelia Romero facía o terceiro.

Na segunda parta, co Cidade máis volcado en nivelar a contenda, Candela lograba o 3-1 ao batir a Estela no man a man. O partido entraba nunha fase de pasarrúas. Clara, a falta de seis minutos deixaba a diferenza nun gol (3-2) ao aproveitar un rexeite a tiro de Candela. Aínda que as visitantes o intentaron o marcador non se movería e os tres puntos que se quedaban en Madrid. O Futsi suma 18 vitorias consecutivas.

O Cidade continúa na oitava posición con 25 puntos. Este sábado recibe nos Remedios ao Alcorcón de Vanessa Sotelo e Ana Rivera.