Celebrarase o sorteo na praza Maior ás 13 horas do sábado 8 de abril.

Ourense repartirá os premios do Sorteo especial «Cruz Vermella» de Lotaría Nacional

O sábado día 8 de abril ás 13 horas vaise a celebrar o Sorteo Especial «Cruz Vermella» de Lotaría Nacional, desde a Praza Maior de Ourense. O Sorteo realizarase polo sistema de bombos múltiples.

Este Sorteo é xa tradicional no calendario de Lotaría Nacional, pois desde que comezou a súa andaina no ano 1924, ano tras ano, veu
celebrándose puntualmente.
A emisión consta de dez series de 100.000 billetes cada unha, a 120 euros o billete, dividido en décimos de 12 euros. En total distribuiranse en premios o 70% da emisión, é dicir, 84 millóns de euros.