Unha iniciativa dos concellos para promocionar a riqueza natural da man do deporte.

“Xurés Experiences” para promocionar a Baixa Limia

“Xurés Experiences” chega para para promocionar a riqueza natural da man do deporte na Baixa Limia. Esta é unha iniciativa de consenso dos concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

Celebranse en sete meses catorce probas deportivas, que falan moito e ben da cooperación entre concellos, dando unha imaxe única para a proxección da comarca da Baixa Limia, unha gran noticia de natureza e deporte para este ano 2017.

O programa de actividades iniciouse no mes de abril e rematará en outubro próximo. Ao longo destes meses desenvolveranse nos cinco concellos andainas probas de BTT, rutas cabalares, duatlón, trial e carreiras.

A vindeira proba do calendario da “Xurés Experiences” terá lugar o día 4 de xuño, cunha andaina no municipio de Muíños, e o día 18, coa V Ruta cabalar de Bande. As seguintes serán en xullo, coa celebración dunha andaina en Lobeira e a IV Carreira “Vía Nova”, en Bande; e en agosto, a II Andaina nocturna de Lobios, a X Andaina “Iter Querquennae” e o III Trail de Bande. Ao mes seguinte, setembro, terá lugar a Andaina Terrachán-Peneda, no Concello de Entreimo, e o Trail do Lobo, que se disputará entre os concellos de Muíños e Lobios, para rematar en outubro coa proba Gran fondo do Xurés, entre Bande e Lobeira.

Portugal
En 2018 está previsto dar un paso máis estendendo a “Xurés Experiences” á colaboración coas cámaras portuguesas, para atraer aínda máis público do norte de Portugal.