Fronte ao Estrela Estrela Vermella

Derrotas do Auriense F.G.

Regresaba o Auriense FG á competición logo dunha semana de parón polo Torneo Internacional de Maastricht. O desprazamento a Santiago de Compostela non semellaba nada doado de primeiras, No caso do equipo feminino era un rival directo polos primeiros postos da táboa e no caso do masculino un dos rivais a batir nesta Liga Galega, que comezara moi ben a tempada con vitorias ante rivais directos polo título.

O conxunto masculino enfrontabase ao Estrela Vermella dominador do encontro e aproveitando as indecisións dos ourensáns. Pouco a pouco o xogo equilibrouse, pero a vantaxe sempre foi moi clara a favor dos locais, o final da primeira metade o marcador deixaba o encontro case sentenciado de cara a unha segunda metade na que o noso equipo deixou mellor imaxe, con combinacións dende o propio campo e chegando con mais claridade a área rival. Pero a defensa e o porteiro dos locais demostrarón un gran nivel para desbaratar tódolos intentos por facer menor a diferencia no tanteo, marcador final de 7-17 (31) – 0-07 (7) para Estrela Vermella.

Posteriormente era o turno da equipa feminina, que comezaba o partido con intensidade e co obxectivo de seguir prolongando a boa xeira que amosou en anteriores semanas. A primeira metade foi de inicio parello, mais o acerto por porta das xogadoras locais situou o marcador cunha vantaxe de 7 tantos respecto ás ourensás. A segunda metade trocou bastante o guión, pois as do Auriense dominaron o xogo en tódalas súas facetas: fortes en defensa e con acerto por porta e paos, e conseguiron repoñerse do marcador adverso, mais a reacción non foi suficiente e un gol de Estrela Vermella situou a vantaxe final de 2 puntos por riba para o equipo de Compostela cun 2-21 (27) – 5-10 (25). Derrota que, porén deixa moi boas sensacións a nivel de xogo en equipo entre as rapazas é con moitas ganas de seguir traballando de cara ós próximos encontros.

A vindeira fin de semana será unha boa ocasión para que os rapaces de volvan á senda da vitoria na Illa de Arousa fronte a Dorna FG, nun partido que terá lugar o sábado e no que terán o recordo da victoria «in extremis» da pasada tempada nese mesmo campo.