O número 169 de Barrios Deportivo chega cun especial da 41ª Carreira do San Martiño, onde milleiros de persoas acudiron fieis, como cada ano, á cita.

Barrios Deportivo 169

Outra das novas que sacamos a porta é o Rio Termal Ourense que sondeo o mercado en busca de reforzos debido ao mal inicio de tempada (unha vitoria por oito derrotas).

En escalada, o Club Asesou de Ourense faise coa Copa Galicia de escalada indoor. O Club Alpino Ourensán trae a Semana Audiovisual do 28 de novembro ao 1 de decembro.

Iván Feijoo volve a gañar unha proba na Copa de España de BTT o que o achega ao título. O Carmelitas de Primeira nacional de baloncesto séntalle ben a nova categoría.

A era Vilachá no Barbadás comeza con vitoria nos Carrís ante o Vilalonga. Mentres, a UD Ourense buscará continuar coa racha positivia no Couto ante o Moaña. Seguimos de preto ao resto de conxuntos ourensáns da Terceira división e a Rexional Preferente.

En deportes acuáticos, o CNPO comeza ben a Liga galega nas categorías alevín e benxamín. O club Salvour arranca a tempada con varios podios na Liga galega.

Felipe Iglesias participa no seu quinto mundial de jiu jitsu. Ademais, Arteixo e Famu de Frutos proclamáronse campións da Liga de judo – Trofeo Cidade de Ourense.

O equipo feminino do Nova Xestión Pabellón perde o liderato ao caer ante Carballal. En halterofilia, o Club Pabellón logrou a vitoria no Campionato de Galicia por equipos.

Na Primeira división de fútbol sala, tanto Ourense Envialia e Cidade das Burgas están cunha moi mala dinámica o que os leva a alonxarse dos seus obxectivos. Pola súa banda, o Sala Ourense mantense ao fronte da clasificación na Terceira división.

A primeira edición de Sportur fixo a Expourense epicentro do deporte galego durante tres días. O Euskalgym deixou ás benxamíns do Escola Pavillón coa medalla de prata.

Fútbol gaélico, rugbi, voleibol, tenis de mesa e moito máis no número 169 de Barrios Deportivo.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha