Este ano cubre obras no interior das vivendas.

Aberto o prazo para solicitar subvencións do programa ARRU

Xa está aberto (desde o 18 de abril) o prazo para solicitar subvencións de obras en vivendas situadas nas catro Áreas de Rehabilitación e Renovación Urbana (ARRU) de Ourense. As catro zonas son: Casco Histórico; Polvorín, Carballeira, Camelias; Serra de San Mamede, Cruceiro Quebrado, Inmaculada e o Núcleo Etnográfico de Seixalbo.

A instancia para realizar a solicitude está colgada na web do Concello e o prazo para presentala é de dous meses.
A novidade deste ano é que darase, tamén, cobertura a obras no interior das vivendas, como poden ser o cambio de baños, reforma da fontanería ou electricidade ou de aislamento térmico.

As axudas contemplan subvencións de até un 45% do presuposto da obra (cun máximo dun 35% a cargo do Ministerio de Fomento -11.000 euros- e un 10% da Xunta de Galicia -4.000 euros-) puidendo chegar a axuda aos 15.000 euros.

A partida inicial para estas axudas, que podería ser modificada á alza, é dun total de 1,3 millóns de euros.