O prazo de inscrición comeza o 5 de xuño para os empadroados e para os non empadroados o 6 de xuño.

Ábrese o prazo de inscrición para o campamento do invernadeiro

Conscientes, desde o Concello de Verín, da importancia que ten o tempo de lecer e ocio nos rapaces, decidiuse levar a cabo un ano máis o campamento de verán no albergue do Parque Natural do Invernadeiro.

O prazo de inscrición comeza o 5 de xuño para os empadroados e para os non empadroados o 6 de xuño. As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil por rigorosa orde de inscrición e pago correspondente ata cubrir ás 100 prazas. A cota é de 130 euros para os rapaces empadroados no Concello de Verín e 160 euros para os non empadroados.

As idades dos participantes son as comprendidas entre os 9 e os 16 anos. Haberá dous turnos. Na primeira quenda, do 20 ao 26 de agosto, irán os menores nacidos entre os anos 2006 e 2009. Na segunda quenda, do 26 ao 31 de agosto, irán os menores nacidos entre os anos 2002 e 2005. Cómpre destacar que as persoas nacidas no ano 2009 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Campamento do Invernadoiro
Tanto pola súa infraestructura, como polas súas rutas de sendeirismo é o lugar máis idóneo para que os rapaces deste concello reciban unha educación medioambiental e ecolóxica, aprendendo a respectar e conservar a natureza por medio dos xogos e da diversión nun ambiente de convivencia con outros cativos da súa idade.

Os dereitos que adquiren os mozos son: manutención en réxime de pensión completa, materiais necesarios para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadeiro guiadas polos biólogos, seguro de responsabilidade civil e accidentes, atención sanitaria si fose necesaria son os dereitos que adquiren os xoves inscritos.