Xa está na rúa o número 63 do periódico Barrios.

Barrios 63

A portada do mesmo trae a campaña «Na estrada, cervexa SEN»; unha campaña a nivel estatal que percorren seis moteiros nas súas Harley Davidson cubrindo preto de 5.000 quilómetros e 19 cidades. O auditorio de Celanova acolleu unhas xornadas sobre emigración. Xinzo de Limia celebra as súas festas do 17 ao 22 de xullo. E entrevistamos a Cristina Cid, nova alcaldesa de Allariz.

Rexeitada a moción de censura de Democracia Ourensana contra o alcalde de Ourense; a oposición esixe a aprobación provisional do PXOM en pleno. Xa está en marcha o programa de «Escolas Abertas 2018» que continuarán ata o 24 de xullo. O Concello mellora a sinalización na contorna dos centros educativos con sinais de ‘zona 30’. Luis Seara, candidato do BNG en Ourense para as eleccións municipais 2019.

Barbadás gastará máis de 750.000 euros para obras. Ademais o Concello presentou a súa aplicación para estar máis en contacto coa cidadanía.

Medio Rural quere mellorar as contratacións de seguros da pataca; a conselleira comprometeuse con representantes da Asociación de Produtores de Pataca da Limia. Modernización do regadío da Limia con 1,6 millóns de euros da Xunta. Os cativos de Xinzo practican o deporte na rúa durante o verán e cando o tempo o permita. Un traballo, Alejandro Mínguez, repasará 40 anos de eleccións.

O Sincro Ourense clasificou décimo no Campionato de España celebrado en Allariz. O nacional alevín e júnior celébrase en Ourense -piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios- do 12 ao 15 de xullo. O xardín do Posío volve ser, durante xullo o epicentro do taichi, cun curso de luns a venres, de 8 a 9 da mañá.

A II Edición do Piano Meeting voltará en setembro. O Verán Cultural chega á praza San Martiño todos os xoves ás 22.30 h.; serán 12 propostas, unha de teatro e os resto musicais.

Todo isto e máis no número 63 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha