Terán lugar na praza exterior do Centro Comercial Ponte Vella o 30 de setembro.

Xornadas de concienciación para a adopción de mascotas

A II Xornada de Adopción e Tenencia Responsable de Mascotas apelará á necesidade dun compromiso á hora de ofrecer un fogar a cans e gatos abandonados. A actividade organizada por Apmou, en colaboración co Concello de Ourense, Progrape e a Patrulla Callejera, terá lugar o 30 de setembro, domingo, entre as 11 e as 21 horas na praza exterior do Centro Comercial Ponte Vella.
Na presentación, a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, apelou á necesidade de que as persoas que desexen unha mascota “reflexionen” sobre os cambios que lles vai supoñer “no seu día a día” para previr abandonos.

Programa
Entre as actividades previstas haberá unha pasarela para promover a adopción, ás 13:30 h., un photocall e unha pasarela final (20 horas) na que os asistentes poderán desfilar acompañados polos seus amigos peludos.
A apertura correrá a cargo da escritora Baia Fernández, madriña do evento. As charlas serán catro, comezando ás 12.30 h. cunha de Ardai Izcali Fernández sobre cabalos; unha charla de Progape, Patrulla Callejera e Apmou (as 17 h); “Protocolo de adaptación”, de Adrián Paredes ás 18 h; e o veterinario Miguel Gómez, ás 19 horas, falará sobre “primeiros auxilios” para mascotas.
Tamén haberá unha pasarela para adoptar mascotas, photocall e unha pasarela final con todos os que se acheguen caos súas mascotas.