O Espazo en Común das Burgas funcionará o martes, o mércores e o venres como punto de recollida, entre as 19h e as 21h.

OUeC recolle alimentos para os animais sen fogar

Ourense en Común recolle alimentos para animais sen fogar. A formación solicita salchichas, pensos, comida húmida, e alimentación para cachorros, tanto cans como gatos.

A próxima semana o grupo celebrará a mesa redonda “Da rúa ao fogar”, con representantes de Progape, Patrulla callejera, e a asociación LaCan.

Co gallo da celebración, o próximo luns 10, do Día internacional dos dereitos dos animais, Ourense en Común levará a cabo esta semana unha campaña de recollida de alimentos para animais sen fogar, chamando á solidariedade co benestar dos animais e convidando á cautela e a reflexión, para evitar comprar animais por impulso como agasallo de Nadal, que en poucos meses poderían converterse en novos abandonos.

A recollida, no espazo común, será o martes, 4 de decembro, de 19.30 a 21 horas; o mércores, día 5, e o venres, día 9, de 19 a 21 horas.

Con esta iniciativa, o grupo quere visibilizar a insuficiente axuda coa que conta a protectora para afrontar o período estival, no que aumentan os abandonos, e coincidindo ademais coa época de reprodución dos animais. Desde a protectora apuntan á necesidade urxente de pensos para cans e gatos adultos, comida húmida e salchichas.

Ourense en Común traslada este chamamento á solidariedade co benestar dos animais, e convida á reflexión antes de mercar un animal, porque na protectora “atoparás un amigo”, coinciden Miguel Doval e Martiño Xosé Vázquez, edís do grupo, que recentemente adoptaron un can e dous gatos, respectivamente.