Grazas a colaboración da Deputación.

A zona termal do Bañiño terá un novo acceso

A Deputación de Ourense fará posible un novo acceso á zona termal do Bañiño, en Punxín. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Punxín, Manuel Vázquez “Casalta”, asinaron no Pazo Provincial un convenio de colaboración entre ambas entidades a través do cal a Deputación de Ourense fará posible un novo acceso á zona termal de O Bañiño, en Punxín. A colaboración do goberno provincial con estas actuacións xa figuraba nos orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2019, aprobados na sesión plenaria correspondente ao mes de setembro do 2018.

Trala reunión, Manuel Baltar destacou o apoio da Deputación de Ourense en materia de “termalismo, de mellora das comunicacións, de acondicionamento de espazos naturais e de atracción turística en actuacións como as que hoxe facemos realidade a través da sinatura deste convenio”.