No Campionato de Galicia absoluto e sub 23 en pista cuberta.

Os mellores atletas galegos danse cita en Ourense

A cidade de Ourense reunirá este domingo a mellor selección de atletas da comunidade coa disputa do 34º Campionato de Galicia absoluto e sub23 en pista cuberta. Será este domingo, 20 de xaneiro.

Nesta edición o campionato está incluído no calendario nacional da Real Federación Española de Atletismo, o que habilita a participación de atletas do resto de España e doutras nacionalidades sempre que teñan un nivel deportivo acreditado cunha marca superior a 900 puntos por táboa IAAF, da Asociación internacional de federacións de atletismo.

A priori, s final máis destacada serán os 1.500 -sobre todo en categoría feminina onde estarán presentes Solange Pereira -campioa de Europa de cross en relevo mixto- e a portuguesa Mariana Machado.
Tamén pola mañá celebraranse as finais de triplo (homes e mulleres), altura (mulleres) e pértega (homes). O resto de finais quedarán para a xornada vespertina.

En canto as opcións locais, Bea Viteri -en pértega- e Alex Fernández -en 3.000- son as máis claras apostas. Outro atractivo deste torneo é a do saltador olímpico Jean Marie Okutu Kouletio.

Pola mañá, o evento dará comezo ás 11 horas coas eliminatorias de 60 metros e rematará a xornadas coa final dos 60 valados feminino en torno ás 19.40 horas.