Xa está na rúa o númro 85 da publicación Barrios.

Barrios 85

Nesta ocasión a portada tínguese de negro co lema: «Sen comercio local non hai vida», en solidariedade co comercio local que está semana se manifestou alertado da crítica situación que atravesa. Días antes foron os autónomos os que se concentraron pedindo equiparación con calquera outro traballador.
Ademais falamos en páxinas centrais dos entroidos que se desenrolan por toda a provincia con especial atención ao triángulo máxico (Laza, Verín e Xinzo de Limia).

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reúnese coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, para ver as posibilidades de abrir máis o río Miño á cidade. A plataforma ProCapd volveuse manifestar «enganados» pola Xunta de Galicia. O CIG convoca unha folga de 24 horas para o 8M.
A Xunta rehabilitará catro edificios no Casco Vello e investirá 500.000 euros para a adquisición de máis inmobles.

O programa “STARS” chega a Verín. Trátase dun proxecto europeo de mobilidade sustentable.
O Concello forma en atención sociosanitaria nun curso que participan 15 alumnos. O actor verinés Santiago Cañaveral, en colaboración coa área de Cultura do Concello de Verín, impartirá un curso de teatro na vila de marzo a xuño.
A OMIC atendeu 700 casos en 2018. As telecomunicacións centraron a maioría.

En deportes, a pista cuberta de Expourense estrea pantalla xigante e novas bancadas co obxectivo de albergar competicións atléticas de máis prestixio. O hipódromo de Antela acolle o provincial de cros. Celébrase este domingo, 24 de febreiro.

A biografía do músico Suso Vaamonde foi presentada en Ourense polo seu autor, Miguel Boo.
Volve o ioga termal ás Burgas e o Botánico de Montealegre presentou a súa programación para este trimestre.

Artigos, clasificado, humor e máis, no número 85 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha