Terá lugar durante as festas de Ourense.

O concerto de Marea en Ourense xa vendeu 1.000 entradas

Fai unha semana se confirmaban os primeiros grupos para o cartel das festas de Ourense: Marea, o xoves 27 de xuño na explanada de Expourense, e Siniestro Total, o venres 28 na praza Maior.

A expectación de Marea confírmase coa boa marcha da venda de entradas, xa que tras 5 días do anuncio, xa se venderon as primeiras 1.000 entradas que estaban a un prezo de 12 euros máis gastos de xestión. A partir de agora, as seguintes 1.000 entradas terán un prezo de 18 euros (máis gastos de xestión).

Os puntos de venda son: en www.ticketmaster.es, en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 e nos puntos de venda físicos habituais -en Ourense, na sede de Afundación, na Praza Maior-.
Os navarros, prensentan o seu novo álbum “El azogue”, co que volven aos escenarios tras 7 anos de ausencia.