Publicado o último número de Barrios.

Barrios 92

Nesta edición na que estamos inmersos en plena campaña electoral das eleccións xerais que se celebran o 28 de abril falamos cos candidatos ao Congreso dos Deputados das formacións que se presentan en Ourense. Das 13 siglas, nove atenderon á nosa chamada e catro ou ben rexeitaron a oferta ou non foi posible poñerse en contacto con eles.

Ademais na portada sacamos a gran tempada do Campus Ourense Rugby na División de Honra B, na que por primeira vez na súa historia participaba nunha fase de ascenso á máxima categoría do rugbi nacional.

Atopan dous manuscritos do século XIII vinculados a Bernardo de Brihuega, estreito colaborador do rei Afonso X.
Entrevistamos a Jorge Emilio Bóveda, escritor que vén de gañar o premio de novela de Edicións Do Peirao coa súa obra Eternos propietarios.

O alcalde de Verín tentarán conseguir novos ciclos técnicos para a vila. O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, volverá a ser o candidato á alcaldía polo Bloque Nacionalista Galego.
O voceiro popular no Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, acusa ao Goberno municipal de non cumplir coa regla de gasto.
A DO Monterrei deuse a coñecer en Fisterra, ante máis de 80 persoas que estiveron presentes no seu Túnel do Viño.

A Mesa da Limia aborda a problemática dos residuos na comarca. O conselleiro de Medio Rural reuníuse con agrogandeiros, pataqueiros, ecoloxistas, regantes e asociacións profesionais agrarias.
Xinzo crea o Comité da comunidade educativa co fin de mellorar a calidade educativa do alumnado dos distintos centros.
Paso adiante para a transformación de regadío ao publicar o DOG a declaración de impacto ambiental.

En deportes, o Correndo por Ourense regresa en maio; as carreiras dos domingos adiántanse ás 11 da mañá. O COB prepara o playoff; trala vitoria en Cáceres busca o factor cancha.

Artigos, clasificados, axenda e máis, no número 92 de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha