Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 98

A portada volve estar centrada nas eleccións municipais do 26M. Nesta ocasión estamos a piques de desvelar o segredo mellor gardado das últimas datas: coñecer quen será o alcalde da cidade de Ourense para os vindeiros catro anos. Ademais, os 91 concellos restantes da provincia de Ourense tamén invistirán ao seu rexidor este sábado, 15 de xuño.

Na mesma portada facémonos eco do Rali de Ourense que nesta 52ª edición erixiu a Pepe López como campión. Seguindo co deporte, o Cidade das Burgas regresa á Primeira división de fútbol sala despois de vencer na eliminatoria de ascenso a La Concordia. O último tema destacado da portada é que Xinzo de Limia convoca un concurso para elexir o doce típico da localidade.

En Xinzo tamén deciden ao seu alcalde. Un cuatripartito encabezado polo PSOE de Elvira Lama e a opción máis factible, desbancando deste xeito a hexemonía do PP dos últimos anos. BNG, AXIL e Xinzo Adiante apoiarían á candidata socialista. Xinzo demanda servizos de apoio á conciliación, segundo unha enquisa realizada polo CDR O Viso. AECC e Asociación Escola Rural de Saúde da Limia imparten formación na Limia sobre o cancro.

En Ourense abriron as piscinas de Oira; ademais, os máis pequenos poden gozar da zona de auga da Alameda do Cruceiro aberta ata o 29 de setembro. O parque Aragón está listo para desfrute dos ourensás; abrirá as súas portas para outono, cando abrán o Biblioteca e o Arquivo.

Marisol Nóvoa presidirá a Confederación de Empresarios de Ourense durante os próximos catro anos. As actividades de verán abren inscrición ata o 26 de xuño. Xa se coñece a maior parte da programación das Festas de Ourense que este ano van do 22 ao 30 de xuño. Antiq Auria reúne a 40 expositores de cinco países na terceira edición que se celébra do 14 ao 16 de xuño.

O Club Natación Pabellón Oourense proclámase campión do Campionato de Galicia máster de natación. O Trofeo Pedro Escudero, que chega a súa 48ª edición recibe a 400 nadadores este sábado, 15 de xuño, na piscina Rosario Dueñas.

Artigos, humor, clasificados e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha