A mostra “Verín, enclave de gaita” achégase ás 1.000 visitas.

Unha exposición amosa a relación de Verín coa gaita

O Concello de Verín quere dar a coñecer a estreita relación que ten o val do Támega coa gaita, instrumento musical senlleiro do noso país. Para elo, está a organizar unha serie de eventos que fan que tanto veciños coma visitantes coñezan a historia da gaita e, ademais, achegala a unha vila que, por tradición, contou sempre cun gran número de gaiteiros e amantes deste instrumento entre os seus veciños.

O eido central das actividades é a exposición “Verín, enclave de gaita”, que se encontra exposta no Museo Claustro Mercedario de Verín, a que se achega aos 1.000 visitantes. O que se achegue contemplará una mostra iconográfica única na que se pode contemplar exemplares de gaitas primitivas interpretados e expostos para achegarnos á historia deste instrumento.

Unha das pezas clave presentes na exposición son os músicos do retablo do Santuario dos Remedios (gaiteiro, tamborileiro e pandereteira) datados do ano 1625 e que foron cedidas polo Obispado de Ourense xusto despois da súa recente restauración. Pezas únicas polo seu valor historiográfico tanto do instrumento como da vestimenta da época.

Publicación
Para complementar a información, o Concello edita a obra “Verín, enclave de gaita”, de Ruth Foxo. A publicación poderase adquirir de xeito gratuíto ao achegarse ata a mostra. Analiza os 16 exemplares que se expoñen. Cada gaita está seleccionada entre os grandes movementos da historia do instrumento e é analizada dende un enfoque dual, cronolóxico e temático. Nel poderemos atopar os grandes tipos de cornamusas que vivían no mundo occidental, mediterráneo e asiático.

Verín é fundamental na comprensión e estudo do universo mundial da gaita, así o recollen os estudos de Ruth e Xosé Lois Foxo sobre a gaita primitiva e as primeiras representacións artísticas completas da figura do gaiteiro. Unha exposición amosa a relación de Verín coa gaita