Xa está na rúa o último número de Barrios.

Barrios 110

Na portada sacamos a inciativa do Concello de Ourense pon a proba dous modelos de contedores para ver cal resulta máis económico e eficaz de cara a instalalo en toda a cidade.
Ademais, Verín incorpora a súa policía ao sistema «Viogén» contra a violencia machista. O COB procurará este domingo ante Palencia manter a racha vitoriosa (ás 19 horas no Pazo Paco Paz). E entrevistamos a Entrevista a María Dolores Sánchez González, subdirectora de Procesos de Área de Enfermaría da EOXI de Ourense.

Expourense acolle os salóns do vehículo novo e de ocasión. Do 18 ao 20 de outubro celebrarase en Expourense o Salón de vehículos novos e do 25 ao 27 de outubro os de ocasión ámbalas dúas feiras celebran a undécima edición.

O alcalde anunciou que en 2021 haberá un elementos mecánicos para poder chegar ao Auditorio desde a rua Concordia.
O concello amagou con retirarse do sistema «Viogén» contra a violencia machista, pero agora vai valorar se continúa no mesmo. Ponte Vella Centro Comercial está estes días de aniversario e o celebra con numerosas actividades centradas, sobre todo, nos máis cativos.

Na comarca de Verín chega “Catar o Camiño” da man da DO Monterrei; para divulgar a riqueza da comarca. A Feira de Outono de Verín terá lugar o 9 e 10 de novembro; xa se poden inscribir para montar a súa caseta.
O parque de Cabreiroá conta con máis equipamentos deportivos para a práctica de Street Workout.

En deportes, A Carballeira despide este domingo o «Correndo por Ourense». A partir das 11 horas, última cita desta novena edición. Boa xornada para os equipos ourensáns na Terceira división a pasada xornada; este domingo o Barco recibe en Calabagueiros á UD Ourense (17.30 horas).

Artigos, humor, clasificado e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha