Publicado un novo número de Barrios.

Barrios 113

Nesta ocasión a portada trae a San Martiño por partida dobre. Celebrouse o Magosto ao redor do San Martiño, patrón da cidade de Ourense, e este domingo as rúas da capital acollen a 43ª edición da carreira popular do San Martiño. Ademais, veciños do barrio da Milagrosa esixen ao Concello que solucionen o problema que teñen de acceso aos seus garaxes.

O I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo celébrase os días 14 e 15 de novembro ao abeiro da terceira edición de Sportur Galicia, que terá lugar os días 15 e 16 en Expourense. Durante Sportur se recollerán os dorsais da carreira da San Martiño que este ano estivo preto de superar as 11.000 inscricións.

O Concello vén de presentar as actividades programadas polo 25N Día contra a violencia de xénero. Os centros de saúde seguen preparados para os que se queiran vacinar contra a gripe; a campaña continúa ata o 27 de decembro.

Xinzo acolle do 19 ao 24 de novembro a I Feira do agro da Limia «Alimagro» que abrange a Feira da pataca, do 19 ao 22, e a feira da maquinaria agraria, do 21 ao 24.
Os pagos de expropiación para a ampliación do parque empresarial de Xinzo comezarán en decembro. O pleno do Xinzo de Limia aproba a contratación dunha póliza por valor de 1.800.000 euros.

En deportes, o Burela frea ao Ourense Envialia ao vencer nos Remedios por 1-3. O COB remonta a Granada nun dos mellores partidos da tempada.

Artigos, humor, clasificados, ocio e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha