Musica, ocio e deporte, os pratos fortes do Nadal en Maceda.

Nadal en Maceda

Do 18 de decembro ao 5 de xaneiro o Concello de Maceda presenta unha oferta de actividades de Nadal centrada no deporte, o ocio e a música.

En canto ao apartado musical o 18 de decembro (mércores) actuación musical de Os do Fuelle, ás 17.30 horas no Centro Social. O xoves 19 volven a actuar ás 17 horas na residencias As Neves e ás 18.30 h no Centro Residencial Esgos. O domingo 22 concerto de órgano na Igrexa de Nosa Señora das Neves ás 12.30h. A Coral Albricias e Os do Fuelle actúan o mèrcores 25 ás 19 horas na Igrexa de Nosa Señora das Neves. O 4 de xaneiro (sábado) pasarrúas a cargo da charanga a Felga con saída ás 20 horas do Edificio Multiuso. E o domingo 5, pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas de Maceda coa Cabalgata dos Reis Magos ; a saída terá lugar desde o Multiusos ás 18 horas. Haberá chocolatada ao final do percorrido no pavillón municipal.

Tempo de lecer
Do 10 de decembro ao 8 de xaneiro a Igrexa de Nosa Señora das Neves acolle unha exposición do Belén.
Os xoves, 19 de decembro, presentación de Xeolodía e Ruta Xeomineira Baldrei – Os Milagros; no salón de actos do Concello ás 19 horas. No mesmo salón pero o día 20, unha charla sobre as cegoñas de Macedas as 18 horas. E tamén no salón do Concello os días 23, 26 e 30 de decembro Semana de Cine e Teatro as 18 horas. O día 27 os máis cativos visitarán Pazolandia e as 19 horas no Concello proxección da película «Entre lobos». «Agrupación cultural os Cabaceiros. 45 anos despois» será a mesa redonda que se celebrará o día 28 ás 19 horas no Concello.
O día 4 de xaneiro, os Felos darán o pistoletazo de saída ao Entroido 2020; percorrerán as rúas a partir das 20 horas. Ao remate haberá unha cea no Castelo (ao prezo de 6 euros). Os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e o 2, 3 e 7 de xaneiro, ludoteca no Edificio Multiusos en horario de 11 a 13 horas (para nenos de 4 a 12 anos). E o 6 de xaneiro, o salón de actos do Concello acolle a preestrea de «Anacos de vida».

Deportes
O día 21 de decembro celébrase no pavillón o Festival de Ximnasia Rítmica a partir das 11.30 horas. Ao día seguinte, 22 de decembro, 12º Ciclocross Castelo de Maceda ás 10 horas. Do 26 ao 28 de decembro, torneo de xadrez no Pavillón. O sábado 28 exhibición de patinaxe de 11 a 13 horas no pavillón Virxe Milagrosa e torneo de fútbol sala biberón no pavillón municipal. E para comezar o ano do 2 ao 4 de xaneiro no municipal, torneo de pádel.