O prazo de inscricións ten como data tope o mércores 19 de febreiro ás 14 horas.

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. O prazo de inscricións ten como data tope o mércores 19 de febreiro ás 14 horas.

A orde e colocación do desfile irá a criterio da organización e será conretada na reunión organizativa do desfile que terá lugar o mércores 19, ás 20 horas, na Casa da Cultura.

Os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información turística de Verín para facer efectiva as súas proposta. (Horario: de 10 a 14 e de 16:30 a 20 horas).

Os horarios dos desfiles serán os seguintes:
– Saída do desfile do domingo ás 12 horas.
– Saída do desfile do martes ás 16:30 horas.

A comparsa ou carroza que participen no desfile debe estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída, para que a Organización poda colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.

Aquelas carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da n-525, chegando ata a Rotonda da Casa do escudo, se queren dar a volta, e quedándose unicamente no carril dereito agardando a que o desfile remate para ir ao seu destino. É Importante que deixen sempre un carril libre para os vehículos dos servizos de emerxencia mentres realicen a espera.