A través do espazo web da escola: educacionourense.com.

O Concello abre o prazo para a preinscrición na Escola Municipal de Teatro até o vindeiro venres, 15 de maio

As persoas interesadas en matricularse na Escola Municipal de Teatro, a partir do mes de setembro, poden solicitar as prazas dispoñibles até o venres, 15 de maio, a través do espazo web da escola: escola.educacionourense.com.

Actualmente, o alumnado da Escola Municipal de Teatro cancelou as obras de fin de curso debido ao estado de alarma provocado pola COVID19, pero os grupos de adultos están a ensaiar e adaptar as obras para crear teatro na radio, e así compartir as historias cun público que non terá que saír da súa casa.

Así mesmo, graváronse exercicios de respiración e relaxación para que os alumnos da escola poidan usar os exercicios aprendidos en casa para acougarse e controlar o seu nerviosismo a través deles.