Xa está na rúa un novo número de Barrios.

Barrios 128

Nesta ocasión a portada trae as piscinas de Oira co titular: Ocio con responsabilidade. E é que a provincia conta con dous casos de COVID-19, polo que é imprescidible acatar as normas de seguridade para non ter un rebrote.
Ademais, o Concello segue dando pasas para unha mellor mobilidade; agardase desde o ente local que para outono do ano que vén esten instalados na cidade elementos mecánicos.
En Xinzo estase a construír unha circunalación para que o tráfico sexa máis fluído. As vítimas da COVID-19 serán homenaxeadas polo «Gaiteiro da Catedral» todos os días durante un ano (ás 11.30 h).

A campaña “Móllate por Ourense” busca apoiar ao comercio local. Nesta época onde o turismo nacional é o máis seguro, unha reportaxe nos explica as medidas que se están a facer para que Galicia sexa un destino seguro.
1,4 millóns de euros para as obras de mellora da rúa Marcelo Macías para arranzar 1,3 km de estrada e beirarrúas.
A Xunta reforza a loita contra os incendios e adopta medidas sanitarias. E se falamos de medidas de seguridade, o transporte público conta coas máximas para unha viaxe segura.

En deportes, o COB vai coñecendo como será a tempada 2020-21 da LEB Ouro. Allariz presenta os seus campus deportivos deste verán. O Sala Ourense premiou aos mellores do curso nos que incluiu aos sanitarios pola súa loita fronte ao coronavirus.

En Xinzo, créaso o obsevatorio local para facer seguemento as persoas máis vulnerables. O Concello contratouo a 10 persoas (durante nove meses) para dar apoio ás brigadas municipais. Xinzo programa máis de 60 actividades culturais para as fins de semana de verán.

Ocio, artigos, clasificados, e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha