Galicia anima a manter unha alimentación sá e equlibrada.

A importancia de consumir produto fresco do mar

Nos meses de crise sanitaria xurdiu unha iniciativa para animar á cidadanía a consumir produtos do mar durante a situación de estado de alarma. Esta pandemia fixo que os profesionais do mar se enfrontaran a grandes retos marcados polas dificultades atopadas para colocar os produtos no mercado. A baixada da demanda debido ao peche da hostalaría afectou a súa actividade.
A pesares das dificultades, milleiros de mulleres e homes en Galicia saían cada día a pescar. Aunaron esforzos para contribuír a garantir o subministro de alimentos de calidade para todos e para que non faltase o pescado fresco nas mesas. Ademais, o alimento do mar neste tempo converteuse en máis necesario, se cabe, que nunca. Imprescindible na dieta, o seu protagonismo creceu ao ter, entre outros beneficios, a vitamina D tan necesaria que non se podía obter do sol estando confinados nos fogares.

Campaña
Debido a esta necesidade e co fin de animar á cidadanía a consumir produtos do mar durante o estado de alarma, a Xunta de Galicia comezou no mes de abril cunha campaña de divulgación e promoción na que poñía en valor o papel xogado polo sector neste escenario. A campaña titulada Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco busca ao mesmo tempo impulsar a demanda e os prezos dos produtos pesqueiros para que a frota poida desenvolver a súa actividade en condicións de rendibilidade a pesar das dificultades provocadas pola covid-19.
O apoio aos profesionais que estaban activos a pesar das circunstancias do estado de alarma centrou o nacemento da campaña. Un apoio que chegaba a arredor de 10.000 mulleres e homes que levaban a diario ás preto de 40 lonxas galegas que daquela continuaban abertas unhas 700 toneladas de alimento de calidade co que abastecían á cidadanía na época do confinamento.
Durante o mes de maio a campaña viuse reforzada coa difusión nos puntos de venda de supermercados e hipermercados (Gadisa, Froiz, Carrefour, Vegalsa-Eroski e El Corte Inglés). En todos eles, distribuíronse 7.000 carteis, 7.000 vinilos e 24.000 letreiros promocionais que animan a mercar produtos da mar e, deste xeito, a apoiar o esforzos dos seus profesionais. Esta iniciativa está aberta a todas as cadeas distribuidoras, prazas de abastos e pescaderías interesadas en participar. Ademais, mostra a importancia e a necesidade do apoio da cidadanía ao sector extractivo, co obxectivo de manter unha actividade rendible.

Mesmo barco
Esta acción pretende que toda a comunidade se manteña no mesmo barco na loita contra esta enfermidade. Deste xeito fomenta a reciprocidade de cada un dos cidadáns no esforzo. E na actualidade continúa reivindicando o espírito de unión e de apoio. Por iso, segue presente nos medios de comunicación e nos puntos de venda de produtos do mar de supermercados e hipermercados. Así, dáse continuidade a un proxecto tan ou máis necesario durante a reactivación da cadea mar-industria.
Por todo isto, Galicia segue animando a todos a permanecer xuntos -no mesmo barco- cos produtos e os profesionais do mar como protagonistas. Ademais, preténdese buscar o compromiso de manter unha alimentación sá e equilibrada co consumo destes produtos.
En definitiva, a campaña Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco reflicte a importancia de consumir peixe para remar a favor do funcionamento e a operatividade dunha actividade fundamental na cadea de subministro e á vez manter unha dieta sá.