Emigrante en Alemania.

Racismo e xenofobia en Europa

Os españois vivindo no estranxeiro poden ensinarche moito sobre racismo. Cando es ti o emigrante nun país descoñecido é cando verdadeiramente te dás conta delo.
“Os emigrantes só veñen aquí a roubar e violar, quítannos o traballo, o goberno gástase moito diñeiro en manter aos refuxiados,…” son algunha das perlas que se poden escoitar ultimamente entre os sectores máis radicais da poboación do noso propio país, de Europa e máis en Alemania. Aínda que a algúns nos poidan paecer racistas, non todos deberiamos ir presumindo da nosa tolerancia, xa que tanto o racismo como a xenofobia poden adoptar formas e aspectos moi distintos e, aínda que non nos deamos conta, todos caemos en comportamentos que destilan intolerancia. Son José Mateos Mariscal un español que leva anos vivindo en Alemania e que tiven que enfrontarme a todo tipo de discriminacións na miña vida. O peor tipo de racismo é o invisible: hai persoas que nin sequera se dan conta de que son racistas, polo que cren que non teñen que cambiar nada do seu comportamento.

Pero, que ocorre cando somos nós mesmos os que nos vemos obrigados a emigrar a outro país en busca dun futuro mellor? Estaremos entón exposto ás mesmas situacións de discriminación e incomprensión? Poderiamos pensar que non, que quen nos ía a discriminar se a maioría de españois somos brancos europeos, pero a realidade é ben distinta.
Levo sete anos vivindo en Alemania e tamén experimentei este tipo de rexeitamento: coñecín algúns alemáns que pensan que os españois somos máis ignorantes e menos traballadores, mais vagos, anafalbetos, inferiores a eles.

Téntannos estafar, dannos traballos que non querenn. Mesmo, en máis dunha ocasión sentín que as miñas opinións no traballo foron ignoradas, ata que non pasaron uns meses e realmente fíxenme valer polo meu traballo e as miñas capacidades. Moi triste, pero é o que trae levar a etiqueta de estranxeiro escravo na fronte.
Os primeiros meses non son nada fáciles. Non entendes o idioma; os meus compañeiros de traballo practicamente non me falaban porque non entendía nada. E claro, sénteste só. Ademais, están os clichés. En canto digo que son español, fan referencia aos touros, que durmimos a sesta e pregúntanme se en Nadal bailamos flamenco. Dá que pensar.
Aínda que a esencia (entre racismo e xenofobia) sexa a mesma “a exclusión ou rexeitamento a un colectivo” a principal diferenza está en que o racismo odia á persoa polo seu grupo étnico, mentres que a xenofobia odia a calquera estranxeiro simplemente polo feito de pertencer a outro país.
Pero o que non me esperaba era que ía sufrir discriminación non pola miña relixión católica senón polo meu país de procedencia: hai unha idea moi estendida de que os españois os estamos invadindo (aos alemáns). Moitos opinan que vimos quitarlles o traballo.

Se volvese a España cambiaría moitos dos meus comportamentos polo que respecta aos estranxeiros, a miña experiencia como expatriado axudoume a vivir nas miñas propias carnes o que é sentirse só noutro país, e que ademais, che infravaloren polo simple feito de ser de fóra. Eu cría que era moi inclusivo e para nada racista, pero agora doume conta de que a discriminación pode esconderse nos detalles máis insignificantes.

José Mateos Mariscal