O Festival alaricano cumpre tres edición e terá lugar do 2 ao 6 de setembro.

O RIR, na primeira semana de setembro

O Festival RIR xa ten todo listo para a súa 3ª edición en Allariz durante a primeira semana de setembro. O humor en curtametraxes será de novo protagonista en Allariz coa celebración da terceira edición do Festival RIR entre os días 2 e 6 de setembro.

Zinemusik e Escena Sonora coa colaboración do Concello de Allariz e a Deputación de Ourense, organizan o Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia. Un evento no que os espectadores poderán gozar, de forma segura seguindo todos os protocolos sanitarios, da proxección dunha selección de curtas de humor procedentes de diferentes países así como doutras actividades paralelas que incluirán espectáculos infantís, cinema ao aire libre e música.

Óscar Doviso e Jose Freiría, director e co-director do festival, agradeceron durante a rolda de prensa de hoxe o apoio, que nesta terceira edición se dedica a Harold Lloyd, por parte do Concello de Allariz e da Deputación de Ourense.

Así mesmo Jose remarcou as medidas que se van a levar a cabo para poder desenvolver todas as actividades, con todos os protocolos e garantías por parte do equipo do Festival. Os aforos das actividades serán limitados e cumprirán todos os protocolos que así marca a lei. O equipo que traballa no Festival estará a disposición de todas as persoas que asistan ao mesmo, para solucionar calquera dúbida que poda xurdir.

No eido cinematográfico, competiran 42 curtas de animación e ficción que podes consultar no programa do festival así de todas as actividades que este ano teñen preparadas para setembro. Os espazos nos que se desenvolverán as mesma estarán distribuídos entre a Casa da Cultura, a Fundación Vicente Risco, o Espazo BenComún, o Campo dos Brancos e a Praza do Matadoiro.
Allariz acolle por terceiro ano consecutivo o Festival RiR, consolidándose no tempo e afianzándose. Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, remarca a importancia dunha programación cultural estable, na que o Festival RIR se enmarca nos últimos anos, formando parte destes obxectivos que o concello sempre defendeu, como son o entretemento e a actividade económica, xa que a cultura tamén e motor económico.

En tempos de pandemia un sorriso é un respiro, e de seguro o Festival RIR nos provocará moitos sorrisos.
Máis información sobre horarios, espazos e actividades na web e nas redes do Festival RIR. http://festivalrir.com/.